Máis de mil tormentas despois, coa pólvora aínda no ar, seguimos tragando po. O mesmo po que erguemos cando organizamos a tempestade, brotando de cada un dos nosos corpos que bateu contra o chan esvaecéndose entre os dedos dos puños que golpean o ceo.
Soñamos con asaltalo e sabemos que cantamos pouco se pensamos no silencio que deixou a pólvora. Cunetas, montes e fábricas atravesadas por milleiros de partículas que se colapsan en forma de raios. Homes e mulleres que erguen primaveras das derrotas. Nenas que xogan cos seus avós a vingar a memoria.
Multiplicamos o exemplo, continuamos na loita percorrendo, cun lume subterráneo, o camiño que vai dende Iowa ata Ferrol. Dende Beirut a Sant Andreu.
Non temos medo á pólvora. Que volva a tormenta.