Rematei
Agardo que che cunda o album eu
Rindome
Poderia seguir cambiandoo mais
Xa está ben
Mais de tres anos para menos de unha hora
Está iso ben?
E o reloxo sigue e vai contando
Un, dous, tres, un, dous, tres...
E sigue vai contando
Un, dous, tres, un, dous, tres...
Se pecho os ollos estou no cuarto despois de xantar
As gatas na cama saio á terraza,
E podo escoitala sala de estar,
E os meus pais durmen escoitando saber y ganar
Alegrome de non estarme adicando á música
Con liberdade, asegurando o pan
Cun curro soportable
Se a túa pasión é o teu traballo
Que fas cando descansas?
E se tes que cantar
Cando non queres cantar?
Flipo
Dende peques sempre dinos que ese é o obxetivo
E eu dende peque sempre prioricei estar tranquilo
Non sei pa que me meto nestes líos
Eu flipo flipo flipo flipo
Flípoo, teño o disco
Tiña tantísimas ganas de dicilo,
Hoxe brindo cos amigos
Porque estamos de peche de ciclo
E repítoo porque flípoo, teño o disco
Tiña tantísimas ganas de dicilo
Estiven 4 veces a puntito de rendirme
E agora xa podo pensar en que será o seguinte
Dalle dalle
Dinme que cando un tema novo
Eu tamén quero un tema novo
Pero as cousas so me saen cando me saen
E cando decido porme á acción
Cústame facelas xestións do día a día
Porque tendo a obsesionarme
Se non lle poño empeño non me vale,
Grazas a todes por escoitarme!!!
Ás veces son un pouco turras é a verdade :(
Mais querendo contar tanto non é doado
Son un rallado, todo vai con significado
De todo o album,
Este tema é pa reescoitarmo en cinco anos
E cata o lore que montei pa sacar dous reggaetones
Sendo sinceiro danme medo as repros
Vindo de Verto teño un complexo
E fagoo pa disfrutalo mais estou publicandoo
E que ruido fai a árbore que cae sen xente ao lado?
Mais os meus amigos preguntan de vez en cando
O meu pai di que quere un disco para o carro
A miña irmá ofrecese a chequearmo
Mais son moi rallao pa envialo
Xa ves non estamos tan mal
Mais tiña que acabalo xa por saude mental
Vinme a pasar 3 noites só a Tossa de mar
Agora está amencendo e sintome inmortal
Mais xa sei que non tal así que ultima cousa
Cando morra que me planten un ciprés xigante
Que ascenda até o infinito coma todolos meus planes