Abren as contras
O sol asómase
E rózame a pel
Unha piba durmida
Entre a bebida e un bafle
Co baixo a cen
Non queda xa ninguén
E iso está ben
Moitos fóronse marchando
Despídome en baixo
E marcho tamén
Saio ao Eixample
As rúas son amplas
E non hai case ninguén
Un 365, xa vira outro antes
Pido un café
Verme nun metro agóbiame agora
Decido ir a pé
Fago un piti pa o camiño
Inda que o camiño daría pa 10
A casa está lonxe
Escóitanse coches
Xa comezo a estar canso
Quítome os cascos
Saturado, mente en branco
Pasándome por Urgell
Vexo que se baixo estou a tempo
Pero négome a ser o mítico que
Rouban porque sobouse no metro
E o sol do verán apreta e afoga
E cústame estar contento
Pero cálmome un pouco e acougo ao pensar
No bonita que estaba no inverno
E subindo por Passeig
Unha masa de guiris fanme ir lento
E cágome nos putos guiris
Mais en parte penso que eu son o mesmo
Queda
Menos
Isto é
Gracia
Encollense as estradas
O ruido de fondo baixa
En tres
Plazas
Chego a
Casa
Un suspiro na entrada
Collo e subo as escadas
E o chan está sucio e a mesa está sucia
Todo está como o deixara
E tirao no sofá póñome a ensinar
Á soidade a darme a pata
Lémbrome do café que tomei antes
Para poder chegar ben até casa
Calculeino moi mal
E pensar en meterme na cama
Dame taquicardia
Estou en blanco
Non penso en nada
De pronto estallo
Bágoas na cara
E lembro que os cantantes
Fan os seus mellores temas
Cando están na merda
E escribo unha letra
E sáelle un tema guapo
E grávao canto antes
E acaba sacandoo
Nun venres novedades
Cántao moitas veces
E vós sempre cantades
E cando o gravades
Iso é publicidade
E non sei
Se estou onde quería estar
Onde quería estar
E non sei
Se estou onde quería estar
Onde quería estar
E tírome horas sentado
Facendo e refacendo versos
Mais isto non me está aliviando
No fondo só penso nas repros
E até o sol estáse pirando
Deixandome só e medio tolo
E piro pa cama forzando
Porque mañá teño un bolo