Estou de volta
Vinme un finde exprés
Ó camping onde veraneaba ao carón da Illa de Arousa
Estou a soas, pedinme un café
E lembro que até ben grande odiei este sitio
Porque ía mal internet
E onte saín de festa por Compostela estaba con Fer
Tiraos pola Zona Vella
Contándonos penas até as seis
E a xente que nos topamos pregunta
"Que tal a nova vida?"
E dígolles que estou guai
Que a cidade está guai
Inda que teño morriña
Ventosela
Dez e media ou once e media
Non lembro guai pero o tema era
Estaba plagao de guiris que gritaban merdas
Meu, que pereza, ruído de fondo, dor de cabeza
Nunca me soou que no verán se puxera tan mal
Pero igual viñen levantando a cella
Saín co plumas
Pleno agosto e frío coma de novembro
Fer dixo que este clima era insultante
Pero agora, até isto botaba de menos
E cada vez que veño estou atento
A todo o que non é onde o deixei eu
Sei que non vou frealo
Pero paulatino faise máis doado
De recados, paseando
Baixo Romero Donallo
Miro o piso alugado no que medio grupo
Viviu un ano
Agora están xa colocados
Por España, traballando
Non queda o que estou buscando
E as lembranzas entran envolvendo clavos
E cada recoveco faime lembrar
Un día que é perfecto e que non voltará
Case sempre en verán
Chegados a este punto xa non sei que é real
Voltar co coche vendo atardecer no mar
Saír e non saber que garito abrirá
Sós de madrugada vendo a catedral
Rematar de mañaneo todos nun sofá
Meu, estouno idealizando
Condenso nunha tarde máis de 5 anos
Lembrandome dos tempos nos que os meus pagaban menos
De 200 por pisos que pa min eran palacios
E cada vez que o penso faime dano
Mais sinto que lembralo é telo amarrado
Dáme medo esquecelo
Agora mesmo isto é o que teño,
Esperto
E se por min fora quemaría o puto Burger King
Mais agora entraba unha burger dun euro
Son tantas cousas as que me fan ser feliz
Mais estou tan obcecao coas que non teño
E hai tantas cousas das que non me despedín
Pero non era consciente no momento
E prométovos que alí eu son feliz
Mais sempre que veño acabo chorando nalgún mo
Estou de volta
Vinme un finde exprés
Ao camping onde veraneaba
Ao carón da Illa de Arousa
Nova xente, nova piscina
Zumba de 17:00 a 18:00
O ambiente é menos tranquilo
Pero agora vai mellor o internet
E cadroume que mañá
Haberá unha comida de toda a familia
E quero aproveitar
Inda que agora mesmo dame preguiza
E cando tíos e primos pregunten
"Que tal a nova vida?"
Direilles que estou guai
Que a cidade está guai
Inda que teño morriña